Ciencias Naturais: As plantas
Para aprender cousas novas sobre as plantas utilizaremos unha metodoloxía coñecida como "CAIXAS DE APRENDIZAXE". Para facer as actividades que se nos propoñen en cada unha das caixas temos que ver videos e ler a información proporcionada non so pola profe e polo libro de texto senón tamén en outros sitios de internet.
Recopilaremos aquí os enlaces necesarios:
CAIXA: OS SERES VIVOS: AS FUNCIÓNS VITAIS
Os seres vivos realizan unha serie de funcións vitais, con este vídeo imos ver cales son.
CAIXA: OS SERES VIVOS: AS CÉLULAS
Igual que unha casa está feita de ladrillos, un ser vivo está feito de células. Algunhas células son así:
No vídeo que tendes a continuación podes descubrir que son, como son e coomo funcionan as células
CAIXA: AS PLANTAS
CAIXA: A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
As plantas necesitan alimentarse para poder vivir. Pero a forma na que o fan é completamente diferente da dos outros seres vivos xa que elas fabrican o seu propio alimento. Neste vídeo podedes ver como é este proceso.
Si necesitades saber máis aquí tendes información para ler e practicar
CAIXA: A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN
Igual que os animais as plantas reprodúcense, é dicir, delas nacen outras plantas. A flor é unha parte da planta moi importante no proceso de reprodución.
Imos a rematar as actividades desta caixa facendo un flor, na caixa está a plantilla e os materiais pero neste enlace tendes un tutorial de como levala a cabo.
CAIXA: A FUNCIÓN DE RELACIÓN
A a función de relación nas plantas é a capacidade de captar estímulos da contorna como a luz, a temperatura ou a humidade e reaccionar ante eles. Aínda que as plantas non poden moverse.
Algunhas plantas non se están a reproducir o suficiente e por iso decimos que están en perigo de extinción, é dicir, están a punto de desaparecer.
Le nos seguintes enlaces para descubrir máis cousas sobre este tema.
Comentarios
Publicar un comentario