Entradas

Ciencias Naturais: As plantas

Imagen
 Para aprender cousas novas sobre as plantas utilizaremos unha metodoloxía coñecida como "CAIXAS DE APRENDIZAXE". Para facer as actividades que se nos propoñen en cada unha das caixas temos que ver videos e ler a información proporcionada non so pola profe e polo libro de texto senón tamén en outros sitios de internet. Recopilaremos aquí os enlaces necesarios: CAIXA: OS SERES VIVOS: AS FUNCIÓNS VITAIS Os seres vivos realizan unha serie de funcións vitais, con este vídeo imos ver cales son. CAIXA: OS SERES VIVOS: AS CÉLULAS Igual que unha casa está feita de ladrillos, un ser vivo está feito de células. Algunhas células son así:    No vídeo que tendes a continuación podes descubrir que son, como son e coomo funcionan as células  CAIXA: AS PLANTAS CAIXA: A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN As plantas necesitan alimentarse para poder vivir. Pero a forma na que o fan é completamente diferente da dos outros seres vivos xa que elas fabrican o seu propio alimento. Neste vídeo podedes ver...

Presentación

Este é o blog de terceiro do CEIP Álvarez Limeses, con el ensinarémosvos algunhas das actividades que facemos na clase.  Como é un blog educativo tamén o usaremos para recopilar recursos e actividades que usaremos para descubrir e aprender cousas moi variadas.